Álex Cal (debuxante): “Gustaríame facer obras propias dentro de España”

Álex Cal (debuxante): “Gustaríame facer obras propias dentro de España”

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Biblioteca Central de Vigo acolle ata o 30 deste mes de abril unha exposición con traballos do debuxante de cómic galego, Álex Cal. A mostra céntrase fundamentalmente nas páxinas de Spiderman que o ilustrador vigués realizou para Marvel e tamén no seu último proxecto, a serie G.I. Joe, historieta na

O historietista volveu afincarse na cidade olívica, despois dun tempo residindo en Barcelona. Cal quere seguir vivindo do debuxo e ter traballo neste eido. Iso si, se puidera elixir gustaríalle facer obras propias para o mercado español.

A exposición centrada nos traballos de Álex Cal inclúese na programación da Biblioteca Central viguesa, que este mes está a realizar un obradoiro de banda deseñada.

A mostra permanecerá aberta ata finais de mes de nove da mañá a oito e media da tarde de luns a venres e os sábados de dez da mañá a dúas da tarde.

Cultura