Álvaro Cunqueiro, un enorme poeta

Álvaro Cunqueiro, un enorme poeta

22 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Unha completa revisión da obra poética de Álvaro Cunqueiro realiza a catedrática de Filoloxia Galega da Universidade de Vigo Camiño Noia no seu libro "Trinta poemas". "Cunqueiro foi un dos máis grandes de todos cantos escribiron nesta lingua" indica Carlos Casares no prólogo da Obra en Galego Completa do escritor mindoniense.

Trinta poemas de Álvaro Cunqueiro’ viu a luz na Colección Arte de Trobar do Centro PEN Galicia, “unha peza fundamental para ofrecerlle a potencia da nosa escrita ao público contemporáneo, e na que agora se insire un título destinado a brillar con luz propia neste espazo de excelencia literaria”, Esta escolma de trinta poemas tenta mostrar os distintos vieiros que chegan á intimidade, agochada e compartida, do poeta. A profesora Camiño Noia, que considera que o éxito de Álvaro Cunqueiro como narrador empeceu a difusión da súa poesía de madurez, dificultando que gozase dela un amplo lectorado, realiza nesta obra unha revisión crítica da poesía do autor na súa plenitude creadora e ofrece unha interpretación sobre a íntima relación do escritor de Mondoñedo coa súa obra.

Sociedade