Álvaro Gantes, campión galego de cociña: “Os novos chefs veñen pisando forte”

Álvaro Gantes, campión galego de cociña: “Os novos chefs veñen pisando forte”

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A innovación á hora de preparar un bacallau e un solombo déronlle a Álvaro Gantes o triunfo do Campionato Galego de Cociñeiros. Este rapaz de 24 anos, do restaurante Alborada da Coruña, representará á comunidade no certame estatal de mozos restauradores que se celebrará en Madrid a finais de mes.

Gantes falou en Radiofusión da calidade da canteira galega de cociñeiros. Explicou que, debido á dureza da profesión, cada vez menos mozos se queren dedicar á restauración. Non obstante, matizou, o novos chefs están a pisar forte e demostran o seu bo facer.

En canto ás súas posibilidades no campionato estatal, Álvaro asegurou que o nivel será moi alto e que acudirá coa intención de aprender.

 

Sociedade