Álvaro Muras convídanos a improvisar e a expresarnos como artistas

Álvaro Muras convídanos a improvisar e a expresarnos como artistas

05 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O proxecto musical do baixista Álvaro Muras e o seu estilo particular de ver o funk fusión darase cita mañá domingo en A coruña con outra das súas propostas: “ Improvisa con vos… abre as portas do escenario”. As persoas, músicos e artistas que desexen participar neste espectáculo poderán levar os seus instrumentos musicais. A actuación de Muras terá lugar no local Própolis da cidade herculina á

O galego Álvaro Muras e o seu grupo instrumental funk fusión conta cun repertorio propio, dentro dunha gran variedade de estilos. Un proxecto que nace pola necesidade de amosar algo diferente e orixinal que se ve influenciado polos sons dunha música libre e aberta. A idea é poñer o son do baixo eléctrico nun primeiro plano en compañía doutros instrumentos que á súa vez vaian cobrando certo protagonismo. A improvisación é nota fundamental para o desenvolvemento desta idea, así como a interactuación co público.Componse dun batería, un percusionista e un baixista como grupo base, a partir do cal incorpóranse músicos invitados. 

Improvisa con vos é unha  jam session de estilo libre. Trae o  teu instrumento...ou…simplemente exprésate como artista que es, é a convidación que se nos fai para este espectáculo.  

Sociedade