Ámoa pero a cidade é castigadora

Ámoa pero a cidade é castigadora
03 de Xuño, 2020 - 01:19 h. | Publicada por Radio Fene

O poema "A cançón das lavandeiras" de Ricardo Carvalho Calero inclúese no libro-disco que Paco Montero adica ao profesor ferrolán. O ser ferrolán de Carvalho é o que provocou a súa produción.

ESCOITA O PODCAST:

“O poema é moi fermoso porque te transporta a un mundo xa desaparecido” Así define o tenor Paco Montero o poema “ O romance de noite e mar” de Ricardo Carvalho Calero, musicado por el e incluído no libro-disco “Paco Montero canta a Lumieira de Carvalho Calero”. O músico ferrolán seleccionou oito poemas para este volume prologado por Vicente Araguas. Ser ferrolán é o que atraeu a Paco Montero para dedicarlle este traballo ao escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2020. Adicou tamén cancións a outros talentos ferroláns como o deportista Xavier Gómez Noia e o actor Javier Gutiérrez. Este libro-disco adicado a Carvalho Calero é un dos seus mellores traballos, en palabras do propio Montero, xunto con “A Primaveira” editado en 1992. O máis doado foi meterse no estudio e gravar. O máis difícil conseguir financiamento que despois de diferentes avatares, veu da man da Xunta de Galicia. Paco Montero inclúe no libro-disco catro temas escritos por el, entre eles “Rosalía” do que está moi fachendoso.

Os sentimentos son encontrados cando Paco Montero se refire a Ferrol: “Amo a Ferrol pero a cidade é castigadora”. Nesta frase resume o cantante a súa relación coa cidade na que “oficialmente non tiven sorte, sintome rexeitado, non me chaman”. Montero está decepcionado con todo, menos cos seus cidadáns que recoñece que sí o aplauden. Nesta entrevista agradece Paco Montero todas as colaboracións recibidas para este traballo musical que, grazas ao poema de Carvalho Calero “ A cançon das lavandeiras”, leva un anaco de Sillobre e de Fene dentro. Este tema cántano dúas voces extraordinarias amigas do tenor, Belén García e  Ana Buche.

 

(Imaxe da recreación das lavandeiras de Sillobre en 2014 da autoría de Juan Antonio Garrido)

Cultura

Publica o teu comentario agora