Ángel Recamán: “Navantia baséase na calidade”

Ángel Recamán: “Navantia baséase na calidade”

01 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As novas construccións representan o 80% do negocio de Navantia. As reparacións acadan o 12%, quedan o 5% para propulsión e enerxía e o 3% para sistemas de combate e control. No ano 2009, o 52 % da súa produción destinouse á exportación.

O director de construción naval de Navantia, Ángel Recamán, destaca que a relación coa Armada vai máis aló dun trato entre o proveedor e o cliente. Pódese definir como un matrimonio de conveniencia. Segundo Recamán, apóstase por un modelo de fidelidade compatible con acordos a longo prazo dun xeito tecnicamente eficaz. A calidade e a prevención son os compoñentes básicos da empresa, aos que engade as catro ies: internacional (o coñecemento dos idiomas, especialmente o inglés), innovación (coñecementos de enxeñería), información (informática) e a integración.

Navantia continúa apostando pola construción integrada, con atención á calidade, mellora de prazos e de custe. Pretende tamén aumentar a flexibilidade da produción e lograr unha mellor distribución.

Sociedade