Ángeles Martínez: “A muller está máis receptiva e ao home cóstalle máis”

Ángeles Martínez: “A muller está máis receptiva e ao home cóstalle máis”

30 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"A muller está máis receptiva e ao home cóstalle máis á hora de realizar as fotografías de voda" afirma a fotógrafa Ángeles Martínez, especializada en matrimonios, comunións e tamén en recen nacidos. "A xente agora demanda imaxes pensadas, modernas e artísticas" salienta Ángeles quen está a preparar unha exposición de bebés "porque ofrecen a máxima naturalidade, car

As reportaxes fotográficas de vodas, comuñóns ou recen nacidos sométense a cambios de modas. Nun tempo de fotografía dixital no que calquera tira fotos con facilidade, os profesionais teñen que mudar e adaptarse aos cambios. Por iso Ángeles Martínez traballa con moita exquisitez e novidade as súas reportaxes. Dende os 23 anos adícase profesionalmente á fotografía. Agora mesmo expón fotografías infantís no centro comercial Odeón de Narón que chaman a atención dos clientes que pasan por diante. A fotografía infantil é a súa faceta preferida, segundo confesou a Radio Fene.

As reportaxes de vodas mudaron moito, os mozos e mozas de hoxe non queren aquelas imaxes clásicas dos noivos. Ángeles Martínez ofrécelles algo máis desenfadado en exteriores como Meirás ou o castelo de San Filipe. Para que o día da voda estean máis adestrados, realiza unha sesión de pre-voda antes do día D para desestresalos.

Mañá venres pecha a exposición de fotografía infantil en Odeón pero a fotógrafa busca sala para o mes de xaneiro onde expoñer unha nova serie de fotografía de recen nacidos, de bebés, que están moi demandadas.

Cultura