Árbores polo chan

En Maniños (Fene) o vento desplomou un exemplar moi vello.
15 de Novembro, 2019 - 11:33 h. | Publicada por Radio Fene

O vento forte foi o culpable de que a comarca estivese sometida onte a numerosos incidentes que por sorte non tiveron consecuencias nas persoas pero a punto estivo.

Unha árbore de gran porte caeu literalmente sobre a estrada da Palma en Maniños contra as dúas da tarde, xusto cando acababa de pasar un autobús escolar. Trátase dunha vella árbore situada á altura da nave de Marracoi no cruce do forno de Maniños. A árbore parteu á metade e caeu sobre a estrada, perto do semáforo do cruce coas estradas da Armada e do peirao. O tráfico foi desviado pola estrada da Ribeira e pola Brea contra as seis da tarde, para poder retirar a árbore da estrada cunha grúa.

Na Nacional sexta ao seu paso por Laraxe á altura da Escola Laica outra árbore caeu no vial. A Garda Civil regulou a circulación que quedou interrumpida nun dos carrís. Efectivos de Protección Civil retiraron as pólas da estrada e arredor das cinco e media da tarde restableceuse o tráfico.

Sociedade

Publica o teu comentario agora