Ás portas de coñecer o gañador do premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais

Ás portas de coñecer o gañador do premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais

26 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O xurado da XV edición do premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais dará mañá a coñecer o seu fallo.  Deste xeito os concellos de Allariz e Castro Caldelas e mailas Fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco organizan una rolda de prensa ás doce e media da mañá na Fundación Sotelo Blanco, en San Marcos, Santiago de Compostela.

O xurado compóñenno por Teresa Devesa Graña, concelleira de Cultura do Concello de Allariz, Fernando Acuña Castroviejo, profesor da Universidade de Santiago, Xosé María Eguileta Franco, Arqueólogo Municipal do Concello de Ourense, Luís Martínez-Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco e Francisco Fernández Rei, profesor da facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela e académico, que actuará como Secretario.           

O premio “Vicente Risco” está dotado con 6.000,00 euros para a obra gañadora, que publicará Sotelo Blanco Edicións segundo acordo cos organizadores do premio. Coa convocatoria deste galardón para textos inéditos nos que se estude o ámbito galego sempre desde o punto de vista das ciencias sociais (antropoloxía, historia, sociolingüística, economía, socioloxía, etc.), tanto os concellos de Allariz e Castro Caldelas coma as fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco pretenden homenaxear a figura de Vicente Risco e axudar asemade á consolidación da nosa cultura e á normalización lingüística do galego.  

Cultura