É moi complicado

A ASCM fixo baixar aos políticos locais á crúa realidade
19 de Setembro, 2019 - 12:33 h. | Publicada por Radio Fene

Seis edís, entre eles o alcalde de Fene, experimentaron en propia carne as dificultades de moverse en cadeira de rodas polas beirarúas do concello.

ESCOITA O PODCAST:

Representantes políticos de Fene constataron esta mañá que as rúas de Fene non están preparadas para as persoas con mobilidade reducida. A ASCM levou a Fene a experiencia de moverse polas rúas sentados en cadeiras de rodas, baixo o lema: "Senta e sente"

. Paula Gárate explicounos a idea que levan a colexios, colectivos veciñais e agora aos políticos locais. Participaron seis concelleiros e concelleiras da corporación fenesa para comprobar as dificultades que presentan as beirarruas de Fene para alguén que se move en cadeira de rodas. Uns andaron máis metros que outros.

O Alcalde, Gumersindo Galego e o portavoz do BNG, Juventino Trigo foron os máis entregados. Puxéronse como destino a Oficina de Información e Turismo e tiveron que facer un grande esforzo, e dar un gran rodeo, ata chegar á meta.

Todos eles recoñeceron que o concello non está preparado e que hai moito que facer no futuro. Así contaron a experiencia a Radio Fene, Gumersindo Galego, Juventino Trigo, Maricarmen Martinez, Juana Barro e Sandra Permuy. O alcalde comprometeuse a que, cando menos, todas as obras que se planifiquen no futuro desde o concello, terán que contemplar a eliminación das trabas arquitectónicas.

Institucional

Publica o teu comentario agora