É un dereito

É un dereito
12 de Xaneiro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Alimentos, comedor escolar, gafas, gastos de enerxía, gas ou o pago do alugueiro. Son necesidades básicas que o Concello de Fene garante cun programa de axudas económicas para a atención de necesidades sociais. A traballadora social do Concello Maite Gayet informou en Radio Fene dos requisitos, importes e tramitación destas axudas municipais.

ESCOITA O PODCAST:

“É un dereito, calquera de nós podemos atoparnos nunha situación de necesidade porque a vida dá moitas voltas, solicitar esta axuda non lle saca o dereito a ninguén”, aclara a traballadora social. “Este programa de axudas é unha convocatoria do Concello de Fene aberta todo o ano, destinada a paliar situacións de necesidades sociais”. Con elas aténdense problemas moi variados da poboación. Todas as necesidades xustificadas conseguen axuda do Concello. “Non se denegou nunca por falta de presuposto, se hai unha denegación é porque a persoa non cumpre os requisitos”, aclara Maite. Para acceder a estas axudas é preciso cumprir uns requisitos económicos e levar alomentos tres meses empadroado en Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora