ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O CMI Unidade de Fene mantén as instalacións e as actividades pechadas e decidiu non cobrar o alugueiro do ambigú mentres dure a alerta.
“É un trauma ver as instalación do CMI pechadas pero hai que quedar na casiña e agardar” declara a presidenta do CMI Unidade de Fene, Paula Romero. Teatro, rondalla e todos os cursos pecharon pero quizás o peor é para a xente que xestiona o ambigú da sociedade. Ao non poder abrir, decidiron levar comida a domicilio ou para recoller alí. O CMI non lle cobrará o alugueiro mentres dure esta situación, afirma Romero. A Paula Romero tocoulle facer teletraballo desde o luns pasado. “Faise raro estar na casa” pero conclúe que hai que adaptarse e sair adiante.
(Na imaxe, Paula Romero xunto a Miguel Anxo Fernán Bello, na entrega do Premio Pérez Parallé a Carlos Lixó)
Publica o teu comentario agora