É unha enfermidade

É unha enfermidade
23 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcol está moi presente nas nosas vidas pero pouco sabemos do alcoholismo. “Sería importante unha información de base”, opina Miguel do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra. Socialmente, o alcohólico está mal visto, é apartado. “Ninguén quere ao lado unha persoa que está sempre de broncas”, apunta María José. 

ESCOITA O PODCAST:

“Tense como un vicio, pero é unha enfermidade”, porque falta información, destaca María José. “Non hai información de que é unha enfermidade mental tipificada pola Organización Mundial da Saúde, pola baixa auto estima bebe, non para pasalo ben”.

Para eles o Grupo abriu unha porta á esperanza. “A enfermidade é incurable, pero pode pararse”, di Miguel, que se sentía “canso da vida”, cando chegou ao Grupo. “Des que estou no grupo a vida cambioume, teño unha vida completamente distinta”.  

Sociedade

Publica o teu comentario agora