Éxito de participación nas I Xornadas Crecendo en Igualdade

Éxito de participación nas I Xornadas Crecendo en Igualdade

26 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coa redacción dun manifesto pola igualdade e cun obradoiro para elaborar a imaxe da próxima edición das xornadas, concluiu esta mañá en Ferrol o primeiro encontro “Crecendo en Igualdade”.

Moi satisfeitos se amosan dende a Oficina do Alumnado da EPA (Instituto de Educación Permanente de Adultos) de Caranza polo resultado destas xornadas nas que participaron ao redor dun cento de persoas. Un dos responsables da organización, Iñaki Llamas, asegurou esta mañá en Radiofusión que se cumpriron os obxectivos que se tiñan marcado con esta actividade, dirixida á cidadanía en xeral pero, sobre todo, á comunidade educativa do centro. O primeiro, e máis importante, foi fomentar a boa convivencia e o respeto entre as persoas con indiferencia da súa condición social, procedencia ou cultura.

Tras desta primeira e exitosa experiencia, os cinco membros da Oficina do Alumnado da EPA, xa pensan en repetir e organizar de novo estas xornadas para o vindeiro curso. Ademais teñen previsto poñer en marcha outras iniciativas para dinamizar este singular centro no que se imparten ensinanzas básicas e da ESO para adultos, programas de Garantía Social, bacharelato semipresencial, cursos da Aula Mentor, preparación á proba libre de acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e cursos de español para estranxeiros.

Sociedade