Óliver Laxe capitanea esta fin de semana o proxecto Buxiganga

08 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, mantivo un encontro, esta mañá, con Óliver Laxe e Alberto Gracia para expor as colaboracións entre a área de Cultura da Deputación e os dous cineastas no desenvolvemento dos seus proxectos. Froito desta colaboración, a web cinemalugo.tv, un espazo coordinado desde a área de Cultura da Deputación, verá incrementados os seus fondos filmográfic

Neste sentido, Mario Outeiro animou “a todos eses creadores noveis que sabemos que están a facer cinema na provincia de Lugo, que aproveiten a ferramenta que lles ofrece a web cinemalugo.tv para darlle visibilidade aos seus traballos”. “Somos perfectamente conscientes – continuou o delegado -  de que neste momento, o sector cinematográfico está en crise, cada día pechan máis cines e se aprecia unha redución orzamentaria das axudas da Xunta de Galiza e do estado; pero pese a todo iso, está a nacer unha nova xeración de novos directores de cinema galego, cunha nova sensibilidade, cunha nova ollada á realidade que nos rodea, cun tratamento diferente”.

Nesta encrucillada, e baixo o obxectivo de achegar este cinema aos actores e actrices da provincia, enmárcase o obradoiro Prácticas de cine, dentro das accións formativas do proxecto Buxiganga que promove a área de Cultura da Deputación, que vai ter lugar na Casa da Xuventude de Mondoñedo a partir de hoxe e até o domingo. Un curso moi intensivo e que servirá para amosar esa nova mirada aos nosos actores e actrices.

“É unha sorte para os nosos actores e actrices poder traballar e aprender de dous verdadeiros profesionais do cinema como son Óliver Laxe e Alberto Gracia, cunha xa importante traxectoria internacional, aí están os premios como o gañador da Quincena de Realizadores Novos do Festival de Cannes por parte de Óliver Laxe no ano 2010 polo filme ‘Todos vós sodes capitáns’, ou máis recentemente o Premio Fipresci no Festival de Róterdam por parte de Alberto Gracia, neste mesmo 2013, polo filme ‘O quinto evanxeo de Gaspar Hauser’”.

Sociedade