A ópera achégase ás salas de cine

A ópera achégase ás salas de cine

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os Cines Filmax continúan coa súa política de diversificación de contidos e agora comezará a partir de mañá xoves proxeccións de óperas nas súas salas de Barcelona e A Coruña. Os pases realizaranse en alta calidade dixital, en pantallas xigantes e cun son perfecto para o desfrute da música clásica. Alternaranse obras en directo vía satélite desde os mellores teatros do mundo e outras expresamente pregrav

A primera temporada operística extenderase ata o vindeiro mes de xuño. Entreoutras pasaranse óperas en directo como “Simon Boccanegr”, de Verdi, que contará co debut mundial de Plácido Domingo como barítono ou “Tosca”, de Puccini. Tamén se poderá desfrutar da Zarzuela “Luisa Fernanda” e do ballet  “El Lago de los Cisnes”, de Tchaikovsky. 

O calendario de proxeccións é o seguinte:

Abril
Xoves, 8. Ópera LA TRAVIATA. Verdi. Producción teatro La Scala Milán.
Xoves, 29.Ópera en directo. SIMON BOCCANEGRA. Verdi. Producción Teatro La Scala Milán. Debut mundial de Plácido Domingo en tesitura de barítono. 

Maio
Xoves, 6. Ópera. EL BARBERO DE SEVILLA. Rossini. Producción Teatro Real de MadridXoves, 20. Ballet. EL LAGO DE LOS CISNES. Tchaikovsky. Producción Teatro Mariinsky de San Petesburgo. Coreografía Petipa revisada por Sergeyev 

Xuño
Martes, 8 ou xoves, 10. (Data pendente de determinar). Ópera en directo TOSCA, de Puccini. Coproducción Teatro Carlo Felice de Génova-Ópera de Roma.
Xoves, 24. Zarzuela.  LUISA FERNANDA. Federico Moreno Torroba. Producción Teatro Real de Madrid. 

As entradas xa se poden adquirir nas billeteiras de cada cine, no númerto de teléfono 902 180 193 e na web www.cinesfilmax.com. Para grupos existen prezos especiais co el obxectivo de acercar estaa obras a todos os públicos.

En canto ao cinema, Filmax A Coruña proxectará a esperada Alicia en el País de las Maravillas, de Tim Burton en Versión Orixinal na sala Castelao ademais das versións en 3D e en 35 mm. 

Sociedade