As últimas eleccións sindicais do franquismo en 1975

As últimas eleccións sindicais do franquismo en 1975

12 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na primavera de 1975 celebráronse as últimas eleccións sindicais do franquismo. Os resultados dos comicios na comarca de Ferrol (A Coruña) permitiron ás daquela ilegais Comisións Obreiras tomar o Sindicato Vertical. En Bazán, Astano, compañias auxiliares, Fenya e na maioría das empresas, os máis dos enlaces e xurados sindicais pertencían ás candidaturas unitarias impulsadas dende Comisións.

A preparación dos programas e a designación dos candidatos realizárase de xeito asambleario nas factorias. As súas reivindicacións consistían nas 40 horas semanais, o 100% de soldo en caso de enfermidade, xubilación aos 60 anos e 30 dias de vacacións. Tamén demandaban a readmisión dos despedidos de Astano e Bazán, e a amnistia para os "23 de Ferrol" procesados polos sucesos de marzo de 1972.

En Astano elexíronse naqueles comicios un total de 76 xurados e enlaces sindicais para representar a un cadro de persoal de 6.500 empregados. O veciño de Limodre José Manuel Prieto Ulfe saiu elexido e desempeñou dende 1975 ata 1980 o cargo de secretario do comité de empresa.

Era un tempo de efervescencia no que tanto en Astano como nas compañías auxiliares se impulsaban constantemente movilizacións. Xeneralmente as accións realizábanse por unha plataforma reivindicativa, ou en solidaridade con outras empresas. En Astano empezábase coa culebra a primeira hora da mañá. Un grupo de activistas comezaba a percorrer talleres, oficinas e grada, chamando ao paro. Ao sumarse á folga, os empregados acompañaban tamén a unha culebra que engordaba de xeito paulatino, e en pouco tempo o estaleiro quedaba completamente paralisado.

Sociedade