Últimas tendencias e innovacións gastronómicas

Últimas tendencias e innovacións gastronómicas
05 de Novembro, 2019 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

Esperase unha gran acollida ás últimas tendencias e innovacións gastronómicas. O certame de tapas de Fene cumpre nesta edición doce anos. Participan once establecementos. Ábrese este venres de oito da tarde a dez da noite. O evento prolongarase todos os venres, sábados e domingos ata o 24 de novembro.

ESCOITA O PODCAST:
Juan José Franco, Gumersindo Galego e Juan Ramos

Poderanse degustar as tapas en Jesy Bar (Caralludo), Candajo 103 (xamón ao caldeiro) Agarimo (polbo montado) e O Son de Cociña (torta Strogonoff). Tamén participan O Encontro de Leo´s (salpicón), Pachamamá (Salpicón de rape con emulsión) A Ponte (Do Ganges ao Cádavo) Lembranza (Fajita Don Quijote) e Novo Tarnas (Ovo en cazola).  Haberá igualmente alta cociña en miniatura no Friends (Mar e terra) e no Tívoli (tosta galega). As tapas cobraranse por primeira vez a un euro, cincuenta. Segundo o presidente da asociación O Cruceiro Juan Ramos, os hostaleiros participantes realizarán un esforzo de innovación na cociña con produtos de calidade.
As persoas que se acheguen para degustar as tapas tamén terán premio. Entrarán no sorteo dunha viaxe a Londres para dúas persoas, unha escapada rural e un premio de seiscentos euros en vales para mercar en establecementos de Fene. Na roda de prensa de presentación do evento tamén participaron o concelleiro de Turismo Juan José Franco e o alcalde de Fene Gumersindo Galego.

Cultura

Publica o teu comentario agora