Últimos días para inscribirse na Escola de Verán do Concello de Ordes

Últimos días para inscribirse na Escola de Verán do Concello de Ordes

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Este venres 25 de xuño remata o prazo de inscrición na Escola de Verán do Concello de Ordes. A Escola de Verán é unha iniciativa que leva a cabo a Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe a concelleira Silvia Marín, e que como en anteriores ocasións, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses durante os meses de verán. Unha iniciativa que o Concello leva a cabo tam&eacute

A través desta Escola de Verán, as familias poderán deixar aos pequenos durante as mañás de vacacións para a realización de diferentes actividades. Unhas actividades que buscan que os nenos e nenas vexan, descubran e participen do entorno no que viven durante as vacacións, mentres a súa familia traballa ou descansa. Ademais con este programa preténdese axudar aos pequenos ordenses a convivir, facer amizades, reciclar dun xeito divertido, coidar do entorno, coñecer diferentes culturas, facer deporte e tratar con igualdade e respeto a outros nenos. 

Estas actividades diríxense aos nenos e nenas escolarizados nalgún dos centros educativos do municipio en educación Infantil ou Primaria durante o curso 2009- 2010.  

Sociedade