Últimos días para o premio de poesía Pérez Parallé

Últimos días para o premio de poesía Pérez Parallé
27 de Agosto, 2019 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

Pouco tempo queda para a presentación a un dos galardóns de poesía de maior traxectoria da literatura galega. O premio consistirá na edición do libro na colección de poesía Espiral Maior. Terá tamén unha gratificación económica de 2.500 euros. O prazo de presentación de orixinais ao Pérez Parallé remata á media noite do venres 13 de setembro.

Carlos Lixó, premio Pérez Parallé 2017

O premio Pérez Parallé convócase co obxectivo de promocionar novas voces. Ë requisito para participar non ter publicado ningún libro individual de poesía. Recoméndase unha extensión mínima de 300 versos. Os textos enviaranse por correo electrónico en formato PDF ao enderezo correo@paralle.org Convoca o Círculo de Fene coa colaboración do Concello de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora