ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xestur Coruña só rexistrou quince solicitudes para as 28 parcelas do parque empresarial de Negreira. Todas elas proceden de empresas de Negreira e comarca, as cales terán preferencia á hora de escoller a súa parcela, logo da apertura de plicas o pasado venres, tal e como adiantou onte Radio Negreira en conversa co presidente da Asociación de Empresarios, Ramiro Furelos.
En realidade, presentaronse trece solicitudes dentro do prazo oficial que rematou o pasado día 14, pero admitironse dúas solicitudes presentadas fóra de prazo. Furelos explicou en Radio Negreira que debido a actual coxuntura económica pola crise mundial, pasouse do suposto interese con 57 reservas fai dous anos, a só quince cando chegou a hora da verdade, o que en parte se debe tamén a especulación por parte de promotores privados do sector inmobiliario.
Ramiro Furelos adiantou que son as parcelas 3 e 4 as máis demandas en canto a preferencias de varias empresas, o cal explícase pola súa idónea localización, xusto á entrada do parque empresarial no lado esquerdo pola estrada en dirección a Muxía.
A única parcela que non se puxo á venda é a número 15, que pasa a ser propiedade do Concello de Negreira, en virtude das negociacións entre goberno local e Xestur, e na que se situará o Punto Limpo, cuxo proxecto está sendo redactado por Medio Ambiente. Devandita superficie sitúase nos lindes do polígono cos terreos próximos á igrexa de Covas.