“¿Y ahora qué?” (TVE, 22.15 h.)

“¿Y ahora qué?” (TVE, 22.15 h.)

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Do que vou a falar, hai ata películas filmadas. Xa pasaron anos dende que Álex de la Iglesia rodou “Muertos de risa”, unha das súas peores longametraxes, pero que contaba cun punto de partida cheo de amargura e posibilidades: que acontece coas parellas de cómicos, un clásico do entretemento mundial, cando xa non se aturan entre eles, mais teñen que seguir traballando xuntos? Nesta vida pódese finxir case todo: dende que Harry atopou a Sally sabem

Algo tiñan Martes y Trece para que haxa sketches enteiros que son capaz de recitar de memoria en compaña dalgún amigo con maior confianza da que tiña Laurence Olivier interpretanto a Hamlet, príncipe de Dinamarca. Paca Carmona, o Dúo Baqueira e as súas sevillanas pijas, a empanadilla de Móstoles e tantos outros números son historia catódica da gargallada para milleiros de persoas, pero a Josema e Millán se lles rompeu o humor de tanto usalo. Ademais, todo apunta a que acabaron como o rosario da Aurora. Millán dedícase ao teatro, e Josema fixo o propio, mais na vinganza máis cruel que pode argallar un antiguo compañeiro, quere repetir gloria nun dúo cómico, demostrándolle ao ex que hai que pode cubrir o seu lugar.

 

Ese humorista de reemplazo é Florentino Fernández. Josema e Flo viven unha relación humorística na que todos sabemos que é imposible atopar esa paixón orixinal do primeiro amor, pero que aínda dá para ir tirando quentiño e, de cando en vez, botar un sorriso. Martes y Trece 2.0 ou, mellor dicir o verdadeiro título, “¿Y ahora qué?” é o show de humor de Josema e Flo que se emite en Televisión Española ás dez e cuarto da noite.

Sociedade