“A felicidade do deportivista é completa co liderato” afirma o candidato á presidencia do Dépor Tino Fernández.

“A felicidade do deportivista é completa co liderato” afirma o candidato á presidencia do Dépor Tino Fernández.

25 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Non desbotamos solicitar unha modificación na orde do dia da asemblea de decembro” afirma o candidato á presidencia do Dépor Tino Fernández. A solicitude terá que facerse antes das 12 da noite deste luns, o segundo dia do liderato do club na Liga Adiante. Salienta que o novo equipo rector debe ser o que negocie na xunta de acreedores o 10 de xaneiro, e asine os convenios cos restantes acreedores da denominada débeda non privile

“O convenio bó sería o que asinara a totalidade dos acreedores, e dende logo, pola Facenda pública, que é o principal acreedor” suliña o deportivista, que se queixa da “nula química que existe entre o club e a administración tributaria”

Constantino Fernández Pico, presidente de Altia,  inclinouse pola petición da ampliación da orde do día da asemblea do 21 de decembro, en lugar de solicitar “in voce” o cese do Consello de Administración.

“517 accionistas e 9000 accións solicitaron a través nosa, a convocatoria de eleccións, e iso non se recoñeceu por parte do actual Consello, e penso que o Deportivo non se merece isto” afirmou o candidato a facerse co temón da nave branquiazul.

“Os cartos rexeitan a bronca” manifesta Fernández, quen defende o mantemento dunha xestión “relacional” que volva a establecer o bó trato e o respeto mútuo coas institucións, coas peñas deportivistas, cos veteranos e cos medios de comunicación.

Deportes