“A hostia en verso”, un combate lírico de poetas feos contra guapos

“A hostia en verso”, un combate lírico de poetas feos contra guapos

24 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Café Golem, do barrio de Churruca, en Vigo, acollerá ás nove e media da noite deste sábado, un combate lírico que enfrontará a Ledicia Costas, Daniel Landesa, Laura Sáez, David Rodríguez, Lara do Ar e Miguel Valverde, ou o que é o mesmo: poetas guapos contra poetas feos. Unha cita que leva por nome “A hostia en verso” e que estará presentado polas tamén poetas Lucía Aldao e Mar&

O acto será unha divertida velada na que ambos equipos se enfrontarán para gañar o favor do público. Ademais, contará cunha intervención musical e sempre poética do Leo i Arremecághona, e coa colaboración das artistas plásticas Antía Sánchez e María Longa, que realizarán senllas obras en directo.

A organización ofrecerá tamén ricos e gratuítos petiscos ao público asistente, que ademais poderá votar el mesmo o equipo gañador ao longo dos tres asaltos que compoñen o singular combate.

Cultura