“A non concesión do Día das Letras a Carballo Calero reflicte o veto ao reintegracionismo”, afirman desde a Fundación Artabria

“A non concesión do Día das Letras a Carballo Calero reflicte o veto ao reintegracionismo”, afirman desde a Fundación Artabria

26 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Fundación Artabria de Ferrol rende homenaxe mañá sábado a Ricardo Carvalho Calero. Faino na semana na que se conmemora o vixésimo aniversario do seu pasamento. Unha data que cobra aínda máis relevancia porque se celebrou, neste 2010, o centenario do nacemento dun home que cultivou os distintos xéneros literarios, profundou na historia das nosas letras e caracterizouse sempre pola defensa das súas ideas.

Resulta imposible resumir a obra e o pensamento do intelectual ferrolán máis desde a Fundación Artabria destacan os seus estudos de literatura galega contemporána dos anos 50 e 60. Inxustamente tratado, apartado da intelectualidade da época pola súa ideas sobre todo ao final da súa vida. Coa chegada da segunda autonomía, cando se estableceron as normas ortográficas do galego, Carballo avogou polo reintegracionismo fronte aos partidarios do que él denominaba “Sucedáneo do español”.

Na homenaxe de mañá agás da ofrenda floral e o posterior xantar de confraternidade reivindicarase, unha vez máis a restauración da súa casa natal. É unha teima que demanda a Fundación Artabria desde hai anos. A compra da vivenda polo Concello de Ferrol para convertila nun museo adicado “á figura máis relevante da literatura galega”, cualificao un dos membros da fundación. “Non se pode entender a literattura galega sen coñecer a obra e pensamento de Carballo Calero”, sinala. Mentras, a casa da rúa San francisco número 51 no Ferrol Vello, vaise degradando co tempo e presenta peor aspecto ano tras anos cando se realiza a súa homenaxe diante dela. “Non se invisten os mesmos cartos como con Torrente Ballester”, laiánse.

Este 2010 é o ano Carballo Calero porque tamén se conmemora o centenario do seu nacemento. Porén ao longo do ano desenvolveranse distintas actividades arredor da súa figura. Artabria editará xunto con outras entidades, unha resolución dunhas xornadas do 2008 adicadas a este ilustre ferrolán. Ademais levarase a cabo unha disposición para que os alumnos de ensino secundario coñezan quen foi Ricardo Carballo Calero. “Un portento de erudición” segundo o catedrático de Lingua e Literatura, Alexandre Ripoll, quen o coñeceu como alumno.

Queda pendente unha das peticións máis extendidase demandadas no tempo pola Fundación Artabria e outros colectivos e persoeiros relevantes da cultura galega, o Día das Letras para o “vello profesor”. A pesares dos esforzos, “o veto ao reintegracionismo da Real Academia Galega é unha realidade” apuntan desde a Fundación. “É unha mágoa pero é así”. Castígase así á Carballo e o tempo e as institucións dirán si nos vindeiros anos o intelectual ferrolán acada este recoñecemento.  

Cultura