“As silenciadas”, o documental que dá voz ás guerrilleiras galegas

“As silenciadas”, o documental que dá voz ás guerrilleiras galegas

08 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“Para min foi un orgullo participar naquela loita. Fun varios anos enlace e despois pasei á guerrilla do monte, con armas e loitando coma eles. Non queriamos o fascismo, loitabamos pola liberdade, contra Franco. Os fascistas nunca nos poñerán no lugar que nos corresponde, sempre nos rebaixarán. As guerrilleiras eramos como todas as mulleres e nada tiñamos que ver coa imaxe que tiñan de nós. Sabiamos cal era a nosa loita. Eramos donas dos nosos ac

As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, contextualizadas, de numerosas mulleres que estiveron na clandestinidade como guerrilleiras nos montes ou que apoiaron desde a chaira o movemento de resistencia anti-franquista servindo de enlaces, facéndose con armas ou realizando outros labores de intendencia.

Pola súa condición de mulleres e por defender a liberdade e foron dobremente e duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, desterro ou exilio. Non obstante, o seu papel foi fundamental na supervivencia da resistencia. Foron, de feito, a columna vertebral da guerrilla.

A historia non lles fixo xustiza, relegándoas ao papel de amantes dos guerrilleiros e negando a súa participación ideolóxica e política no movemento. Agora, o documental As silenciadas visibiliza a seis destas mulleres con testemuños en primeira persoa e tamén coas voces de familiares destas loitadoras.

Un traballo pioneiro, dirixido por Pablo Ces, e produto da investigación que durante catro anos realizou a súa nai, a profesora da USC Aurora Marco, que tamén escribiu un libro, aínda inédito, no que reflicte todo o recollido ao redor deste tema.

Cultura