“21 días” (Cuatro, 23.15 h.)

“21 días” (Cuatro, 23.15 h.)

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Dende que eu saín da facultade de Xornalismo, onde me aprenderon algunha cousa boa que de seguro xa esquecín, deben estar en reciclaxe constante e eu síntome como se quedase obsoleto. Por exemplo, nada me acorda sobre que un dos recursos para contar unha historia consistise en protagonizala un mesmo, mais esta modalidade informativa progresa adecuadamente no medio televisivo. Nos pseudo-informativos sensacionalistas de media tarde vemos

A estas alturas, coido que todo o mundo sabe que a anorexia e a bulimia son trastornos severos da alimentación que supoñen graves desequilibrios e que nada teñen que ver cun capricho adolescente por deixar de comer. Téñense feito boas reportaxes ao respecto que o deixan claro. Pois a Samanta Villar, a reporteira que é unha reportaxe andante en si mesma, non lle abonda con informar ben e polo miúdo destas doenzas. Cavilou en que se lle faría máis caso se fixese un ‘Morgan Spurlock’ invertido: Spurlock logrou o éxito enchéndose de hamburguesas Mc’Donalds no documental “Super Size Me”.  

Samanta Villar grávase mentres deixa de comer 21 días e xógase a saúde para demostrar que a anorexia é mala porque semella que non vé mellor xeito de contalo. As relacionadas coa comida son doenzas perigosas, pero tamén o é a falta de sentidiño común dunha xornalista que confunde o intrépido co estúpido, e dos produtores dunha canle Cuatro, que emite “21 días” esta noite ás once e cuarto.

Cultura