ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coa fin de semana comeza o Entroido e o Concello de Ordes súmase á esta tradición cunha morea de actividades. Os actos arrincan oficialmente o vindeiro martes, 16 de febreiro. A alameda ordense acollerá diversos obradoiros con diferentes temáticas dirixido a todos os rapaces. Haberá cursos de globoflexia, maquillaxe, disfraces, complementos ou xogos populares. Ás 5 desta tarde na biblioteca municipal ensinarán a facer máscaras baseadas no mundo
O sábado de piñata, o día grande do Entroido ordense, a partir das cinco da tarde sairá o gran desfile de carrozas e disfraces polas rúas principais do pobo ata o Campo da Feira. Alí celebrarase o concurso de disfraces. Repartiranse 5 mil euros en premios entre todas as categorías. Recompensarase a simpatía e a mellor comparsa municipal. Os interesados en participar neste certame poden anotarse ata o venres 19 de febreiro no departamento de cultura e deportes do concello ou nos teléfonos 981 680 002 ou no 981 680 157.
Baixo o título “ Ordes saudable”, a concellería de sanidade do concello inicia un ciclo de charlas sobre os medicamentos por todas as parroquias . As conferencias arrincan ás seis desta tarde na Escola de Nouche, na parroquia de Beán. Nas conferencias falarase da influenza da inxesta de medicamentos na saúde. Abordaranse cuestións como a toma de medicamentos, a qué horas se deben tomar, alimentos compatibles ou a receita electrónica. Impartida por Rosa Celia Otero cada charla terá unha duración de dúas horas.
O Concello de Ordes xunto con Feaces Galicia Tamén organiza un curso adicado aos familiares e coidadores de enfermos mentais denominado “Coñecemento da enfermidade mental e pautas para os familiares”.
Por outra banda salientar que a concellería de servizos sociais é o departamento máis utilizados polos veciños/as de Ordes. O ano pasado atendeu a máis de oito mil solicitudes. Entre o desplegue das súas actividades inclúense visitas a domicilio, peticións de dependencia, atención de diversos colectivos ( xuventude, mulleres, axuda a familiares...). O máis novidoso resultou a unidade psicosocial infantil e xuvenil con dificultades de conducta e violencia de xénero.
Na actualidade de actos culturais de Ordes destaca a representación da obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse”. A obra porase en escea polo grupo de teatro municipal de maiores mañá sábado, ás 5 da tarde, na casa da cultura. Xa ás doce da noite a Orquestra Olympus estreará o seu último traballo na discoteca LP 45 co gallo do seu vixésimo aniversario. Un éxito discográfico vencellado ao Camiño de Santiago e o ano santo.