“Atlético de Madrid – Celta” (La Sexta, 22 h.)

“Atlético de Madrid – Celta” (La Sexta, 22 h.)

21 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A competición funciona por oposición: o triunfo duns procede da desgraza doutros. No deporte, como na guerra, sácase moito a paseo a teoría de que a gloria é máis gloria se no camiño se esnaquiza ao teu antagonista. Cando hai rivalidade é preciso que haxa tamén algo de presunción e vontade de desprezo cara o contrario, e a min o xogo previo de bravatas e tocamento de narices nunca me proporcionou demasiado pracer. Como tampouco creo nun b

Aínda proído pola malleira ao Deportivo de onte pola noite, por vez primeira en anos cabe a posibilidade de confrontar a derrota propia co éxito do rival que, moito tempo despois, ocupa o prime-time dunha canle estatal grazas ao seu partido nos cuartos de final da Copa do Rei. Da institución celeste o único que me preocupa é que non conflúa moito coa branquiazul. Os anos universitarios mamados entre unha abafante maioría celtista amante do combate corpo a corpo, só foron sobrevividos grazas á manía persecutoria do Turu Flores contra todos os porteiros dos vigueses. Agora que non hai derbis e non se pon en xogo ningún orgullo de pertenza, vivo as competicións máis tranquilo. Pouco me chistaba unha hipotética final do trofeo copeiro entre os dous equipos galegos porque, sumándolle o derby de caixas de aforro, a cousa ía estar ardente. Así que, tranquilo xa co naufraxio propio, ben me parece que o celtismo poida gozar polo seu lado do partido que o devolverá aos telexornais estatais. Os de Eusebio e Iago Aspas visitan ao ciclotímico Atlético de Madrid ás dez da noite en La Sexta.

Deportes