“Catástrofe ambiental e corrupción descarada”, denuncia SOS Courel

“Catástrofe ambiental e corrupción descarada”, denuncia SOS Courel

17 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O colectivo SOS Courel denuncia que a Xunta e o Goberno central invisten máis de 3 millóns de euros en destruír esta contorna natural. Desde a asociación ecoloxista aseguran que se están a malgastar fondos europeos en actuacións que estragan a riqueza natural  do Courel, espazo protexido como Rede Natura. O colectivo oponse á restauración hidrolóxica-forestal que está a sufrir a zona. Consiste en accións levadas a cabo nos cam

Os efectos destas actuacións son numerosas. Destrucción e desbroce de material protexido, levantamentos da capa superficial da terra con grandes máquinas para a plantación de prantas alleas alterando o hábitat propio. Unha auténtica aberración para a que constitúe a reserva botánica de Galicia, laiáse Vázquez. Ademais arrásase a cuberta vexetal aumentando a erosión e contaminando as augas. Por riba as novas especies introducidas son na maioría coníferas pirófitas co que medra o risco de incendio, aclara

A pesares que as obras ían realizarse a man se está a traballar con grandes máquinas para aforrar tempo pero que destrozan máis o ecosistema amosando “unha corrupción descarada”. Ante este panorama o colectivo ecoloxista denunciará os feitos ante o Parlamento Europeo e se non acadan unha solución a “destrucción do Courel será difícil de atallar”.

No Courel sobrevoa a ameaza forestal e mineira cos grandes estragos ocasionados polas canteiras, moitas delas abandonadas coas escouras pola ladeira chegando ao val e contaminando os ríos. Segundo o voceiro de SOS Courel a Xunta defende estas actuacións e agocha intereses nelas. De feito o director xeral de conservación da natureza é un membro do Cluster da madeira co que Vázquez define con ironía “que se pon ao raposo coidando ás pitas”.

Sociedade