“Celda 211” inaugura o Festival de Cine de Ourense e amosa a co-produción como o futuro do audiovisual galego

“Celda 211” inaugura o Festival de Cine de Ourense e amosa a co-produción como o futuro do audiovisual galego

08 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

“Creatividade e innovación”, estes son os motores das industrias culturais e das propostas do Ourense Film Festival (Ouff), tamén coñecido como Festival de Cine Internacional de Ourense, segundo o seu director, Enrique Nicanor. O sábado dá comezo á súa décimo cuarta edición coa proxección do filme Celda 211, do cineasta Daniel

No XIV é importante tamén a sección “Galiza loves Hungary”, na que os cinéfilos poderán visionar filmes de Hungría. Igualmente, ademais de “En los límites”, hai outras seccións temáticas que poden espertar grande interese xa que abordan conflitos familiares, de parella ou os problemas aos que se enfrontan na actualidade os colectivos gays e lésbicos, por exemplo, á hora de querer ter un fillo.

Non van faltar tampouco as homenaxes cun total de tres. A primeira fai mención á estreita relación entre o cine e a literatura. Trátase do recoñecemento de Eduardo Blanco Amor e con motivo do 50 aniversario da publicación da novela A Esmorga. Por este motivo, proxectarase o filme dirixido por Gonzalo Suárez, inspirado nesta novela e que leva por título A Parranda. Outra das homenaxes dedicarase ao fundador do festival, o xa desaparecido Eloy Lozano; e a terceira consistirá nunha retrospectiva de Norman McLaren, todo un experto escocés da animación e o cine.

Establecer un punto de encontro e debate entre o sector audiovisual galego para camiñar cara a súa unificación é tamén un desexo de Enrique Nicanor, co fin de facernos máis fortes alén das nosas fronteiras, con colaboracións e co-producións con outros axentes do sector a nivel estatal e europeo. A estes profesionais tamén vai dirixida unha masterclass.

Finalmente, outra das novidades desta décimo cuarta edición é a sección “Made in Ourense”, destinada a proxeccións audiovisuais de cidadáns da provincia.

Este ano o centro neurálxico do Ourense Film Festival serán as salas de cine do centro comercial Pontevella da cidade das Burgas.

Cultura