“Champions League: Liverpool-Real Madrid” (Antena 3, 20.45 h.)

“Champions League: Liverpool-Real Madrid” (Antena 3, 20.45 h.)

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

De cando en vez dáseme por pensar en que o cine e o fútbol son dúas disciplinas (incluso belas artes para algúns) que comparten méritos. As dúas teñen pouco máis dun século de vida e convertéronse nas mitoloxías máis célebres da época contemporánea, e tamén comparten o feito de que, canto máis medrou a súa influencia e máis se

Hogano estréanse centos ou milleiros de filmes ao ano, pero poucos deixan pouso. Os partidos de fútbol esténdense como un andazo de lagosta, nun exercicio que parece intentar colocar un encontro televisado cada día da semana. Por iso, partidos como o desta noite, encontro de oitavos de final da Copa de Europa, entre dous dos clubes históricos, o Liverpool e o Real Madrid é unha cousa diferente porque se enfrontan dúas camisolas que non visten só os 22 que hoxe xogan, senón que tamén levan o suor enchoupado de varias xeracións de mitos.

Un tenlle certa simpatía ao Liverpool: no país do patadón eles foron os inventores do “passing game”, o xogo ao pé e a nivel de pasto,  e foi tamén o clube que lle deu abeiro a lingoreteiros excelsos como John Benjamin Toshack, Michael Robinson, e por enriba de todos eles, o adestrador Bill Shankly. Este, como un Schopenhauer balompédico, experto en aforismos, legou declaracións míticas que empequenecen as habituais obviedades dos actuais protagonistas do xogo. Fiquemos con dúas: “Algúns cren que o fútbol é só cuestión de vida ou morte, pero é algo moito máis importante que iso”, e “Un equipo de fútbol é como un piano: precisas a oito persoas que o movan, e tres que sexan capaces de tocar o condenado instrumento”.  

Liverpool e Real Madrid disputan en Anfield un partido de aire clásico a partir das nove menos cuarto da noite, retransmitido por Antena 3.
 

Deportes