“Comando Actualidad” (TVE, 22 h.)

“Comando Actualidad” (TVE, 22 h.)

16 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Pensei en que algo debera facer o tal Benito para que o seu nome collese tal mala fama e resulta que o sambenito eran as roupas que vestían os acusados cando eran levados ante o tribunal da Santa Inquisición. A mesma palabra refería tamén o escapulario co que saían os absoltos por ese mesmo tribunal e se libraban dun peeling en aceite fervendo ou unha masaxe garrote vil mediante. Hogano o sambenito é aquela acusación que nos fan sen moit

“Comando Actualidad” bota a mochila ao lombo á maneira de Labordeta e percorre vila a vila algunhas das que son vítimas dun prexuízo célebre. Non sei que tal sentará a reportaxe en Ambiciones, pero chama a atención que se meta no mesmo saco a Puerto Hurraco que a Ubrique. O teren de veciño a Jesulín cotiza neste documento ao mesmo nivel que as caras fantasmagóricas de Bélmez ou o magnicidio contra o alcalde de Fago. Aos veciños de todas esas localidades, así como a loteira de Sort ou a chistosa de Lepe preguntaranlles que tal viven coa súa fama.

Por Galicia non pasan, e é unha mágoa agora que as guerras localistas cotizan de novo á alza grazas á lea das caixas de aforros. Pero sambenitos témolos igual, empezando polos coruñeses, que resignados pero convencidos ante a sospeita perpetua dos foráneos sempre asubíamos prestos aquilo de “Vivir na Coruña que bonito é, andar de parranda e durmir de pé”.

“Con el sambenito a cuestas” é o título da peza de “Comando Actualidad” que se pasa esta noite ás dez en Televisión Española.

Sociedade