“Comando actualidad: El precio de adelgazar” (TVE, 22 h.)

“Comando actualidad: El precio de adelgazar” (TVE, 22 h.)

18 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O corporativismo é unha das cousas máis aburridas que existe. Abonda que se xunten varios do mesmo gremio para non falar doutra cousa que non sexa o traballo. Así que unha boa cuadrilla ten que ser, por definición heteroxénea. O ben que estaría ter un amigo adiviño, ao que lle puideras facer calquera tipo de consulta sobre o porvir. Ningún dos meus colegas ten aire de Octavio Aceves ou Rappel, pero si t

A reportaxe desta noite de “Comando Actualidad”, á maneira que ten que facer este colega endocrino, tentará botar luz sobre a trangallada existente arredor do negocio das dietas máxicas e desvelará como se pagan milleiros de euros por facer cousas tan absurdas como pecharse nun hotel para adelgazar tres quilos nunha fin de semana, cando calquera persoa sensata sabe que pagar unha pensión e non saquear o ‘buffet’ do almorzo é como pagar por nada. A da alcachofa, a do xarope, a do cucurucho, son algunhas das receitas para gardar a liña que se someten a análise nun programa titulado “El precio de adelgazar” que, por suposto, será pecado ver mentres cenamos. Emítese en TVE ás dez da noite.

Sociedade