“Comando Chef” (TVG, 21.45 h.)

“Comando Chef” (TVG, 21.45 h.)

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Ser un bo anfitrión non é cousa sinxela e recibir na casa visitas coas que non contabas, en función do aprensivo que sexa cadaquén, pode situarnos ao borde do ataque de nervios. A cousa enléase se, ademais, che aparecen no piso con intención de cear. Os que sexan resoltos no manexo das viandas da neveira, as potas e os condimentos, mesmo poden gozar co reto de improvisar un piscolabis para os convidados ines

A anfitriona debutante chámase Gelucha, e o lamberetas que ceará de balde é Roberto Vilar, o Tonecho grande, para enterdérmonos. O triunvirato de presentadores de “Comando Chef” (Sabela Blanco, a comandante, André Arzúa, o xefe de cociña e Rafa Durán, como xefe de comedor) axudará ao titular do fogar a atender ao célebre lambón como se merece.

Pensei que se a min me chamasen á porta os do comando para encargarme unha cea para un famoso, convidaría a unha presenza habitual desta sección: había poñer o meu mellor pixama e bata de casa para introducir na miña vida doméstica a Leonor Watling. Acto seguido mandaba a toda presa aos da tele a calquera mercado 24 horas no que fosen quen de apañar varias ducias de ostras, fresas con nata, canela en po, en rama e en calquera das preparacións posibles da canela e, habíalle dar tal menú á miña musa que, ou ben a intoxicaba ou, por respecto ao éxito da miña estratexia afrodisíaca, farían ben os da TVG en apagar as cámaras. Esta noite si que as manterán en marcha para a primeira emisión de “Comando Chef”, que debuta ás dez menos cuarto.

Sociedade