“Cos pés na terra (e só cos pés)”, o espectáculo de danza de D2, chega ao Auditorio de Ourense

“Cos pés na terra (e só cos pés)”, o espectáculo de danza de D2, chega ao Auditorio de Ourense

26 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Un espectáculo de danza que nace para investigar a linguaxe, outra maneira de facer. Ese é o obxectivo co que naceu D2. Non pórlle límites á creación. Así o demostran co espectáculo Cos pés na terra (e só cos pés) que este xoves, 28 de maio, ás oito e media da tarde, se presenta no Auditorio de Ourense. Esta peza est&aacute

As imaxes son as xeradoras de todo movemento. A luz como imaxe e a imaxe como espazo. A imaxe como creadora de espazos imposibles, irreais.

O deseño do cómic e naif son, probablemente, as súas orixes. É unha historia cotiá. A repetición de varias das súas posibilidades, das oportunidades que nos ofrece. A fantasía. Dúas persoas que se atopan cada día no mesmo lugar. Non se miran. Romper a monotonía. Pode ocorrer! O espectáculo é unha fantasía en movemento en clave de humor.

Cos pés na terra (e só cos pés) estivo programado no XXII Certamen Coreográfico de Madrid o pasado decembro e no FestivALT de Vigo 09.

 

Próximas funcións D2:

-28 de maio 09, Cos pés na terra (e só cos pés), Auditorio de Ourense.

-30 de maio 09, Flores Migratorias, Sala The Star, Carral – A Coruña.

-15 e 16 de setembro 09, Las verdades duelen, ESTREA, Teatro Principal, Compostela.

Cultura