“Crash” (Antena 3, 23.30 h.)

“Crash” (Antena 3, 23.30 h.)

24 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Que Penélope Cruz, metro e medio de estatura, gañase finalmente o Oscar de Hollywood, demostra que a Academia de Cine estadounidense si sabe premiar as cousas miúdas. Durante anos pensouse que os responsables dos premios máis célebres da industria cinematográfica, cuxa designación supón automaticamente varios millóns máis de recadación para a longametraxe afortunada, eran un exercic

Velaí está a vitoria da madrugada de antonte da historia modesta de  “Slumdog Millionaire” sobre a multinominada “Benjamin Button”, un deses contos grandilocuentes protagonizados por estrelas planetarias. E tamén foi o caso en 2006 de “Crash”, a sorpresa de aquel ano que se estrea en Antena 3 esta noite.  “Crash” é como unha versión da célebre “21 gramos” rebaixando a dose de patetismo do relato e as ínfulas de trascendencia do director e facendo máis dixerible o conto de varios personaxes cuxas vidas chocan arredor dun feito tráxico. Hai a quen lle pareceu un filme menor, pero non cabe desprezar o seu gran logro: rehabilitar para o cine dramático nunha soa longametraxe e dunha tacada a Sandra Bullock, Brendan Fraser e Matt Dillon. A aparición do cadáver dun home asasinado nunha estrada de Os Ánxeles válelle a Paul Haggis, avezado guionista que aquí fai de director, para encaixar un quebracabezas de prexuízos sociais e relacións sentimentais que mereceu tres Oscar, entre eles os de mellor libreto orixinal e mellor longametraxe. Logo do partido de Champions, ás once e media da noite, estréase “Crash” en Antena 3.

Cultura