“CSI Miami” (Telecinco, 22 h.)

“CSI Miami” (Telecinco, 22 h.)

08 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Este comentario prodúcese tras unha noite insomne de inmersión televisiva estadounidense grazas a ese evento tan deportivo como circense ou comercial chamado Superbowl. Mesmo quen nada sabe do deporte no que homes de 200 quilos rebéntanse as carnes protexidas con coirazas plásticas coñece que a  final da liga de fútbol americano é a maior feira publicitaria da televisión, cos segundos de pantalla cotizando a millóns de d&oacute

Non hai historia máis acaída para a canle que ten en España os dereitos de CSI que esta na que se produce o asasinato da concursante dun reality show. Dúas mulleres rifan polo corazón dun home que debe escoller entre unha delas para gañar un premio dun millón de dólares. Mais antes de que poida facer pública a súa nominación, a unha das pretendentes expúlsana directamente ao limbo. A súa morte descubre que tralo amor televisivo existen unha tépeda rede de intereses tecida pola dirección do programa e os propios concursantes. Con esa cara de noxo terrible que leva por máscara David Caruso, que de cativo debía parecer un querubín grazas a ese pelo cenoria que gasta, tentará resolver o catódico crime. “CSI Miami” emítese ás dez da noite en Telecinco.

Sociedade