“Destino España: Galicia” (TVE, 23.35 h.)

“Destino España: Galicia” (TVE, 23.35 h.)

30 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“De Galicia o galego xa non marcha, e o peregrino fica”, conta con optimismo a sinopse de Televisión Española verbo de “Destino España”, ignorante do exército de galegos empregados nas milicias da hostalería nas Canarias. Este reverso de “Españoles en el mundo” que funciona falando das diferentes autonomías a través dos ollos dos estranxeiros residentes e presentes, fai parada por este recanto para coñecer com

Sete serán os cicerones desta visita, cadaquén co seu xentilicio e tópico ao lombo que engadir ao de galego. Coñeceremos a Reinier, que cumprindo coa fama algo hippie dos holandeses ensinaranos o espazo natural da Illa de Ons. O evanxelizado Desiree, da Costa de Marfil, administrará diante de nós a sagrada forma nunha das misas que imparte como cura rural. O romántico italiano Massimo, violinista na Sinfónica de Galicia, paseará baixo a sombra da Torre de Hércules. De Orlando din que é “cubano danzón”, pero non é un tópico con pernas, senón que realmente oficia de profesor de salsa en Riveira. A croata Ana, que fuxiu da guerra dos Balcáns, habita agora entre o balbordo de Vigo e admira o seu xigantesco porto pesqueiro. A mestra Ela, demostrará que os polacos son tan emigrantes ou máis que os galegos en Santiago de Compostela. E, a conversión última, o peruano José, fisterrán de adopción, demostrará que aínda os hai con arroutos de participar da moi particular política da fin do mundo e chegar a alcalde. “Destino España” emítese en La Primera pasadas as once e media da noite.

Sociedade