“El Hormiguero: MAM e Pilar Rubio” (Cuatro, 21.35 h.)

“El Hormiguero: MAM e Pilar Rubio” (Cuatro, 21.35 h.)

15 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Máis lle vale a un estar orgulloso do seu nome, porque, agás unha molesta visita aos rexistros oficiais e unha pelexa coa burocracia para cambialo, é o que lle toca para o resto dos tempos. Eu estou ben satisfeito co meu, incluso teño toda unha teoría elaborada arredor da súa eufonía, do ben que soa, que vou aforrar aquí porque estamos para falar doutra materia. O asunto do bautismo nominal vén porque a única ocasión na que reformu

Os anos pasaron e MAM xa é Miguel Ángel Muñoz, disque un actor con  certa sona mesmo no respectado circuíto teatral. Pero esta noite pasa por “El Hormiguero” a falar da súa última estrea cinematográfica, coa compaña dunha das súas compañeiras no filme, a nova presentadora de “¡Mira quién baila!”, Pilar Rubio, tamén coñecida como “ti antes molabas” e agora obrigada a vestir roupa con adobíos de strass e rirlle os chistes a Belén Esteban en Telecinco. O filme que comparten titúlase “Tensión sexual no resuelta”, que, a fin de contas, é o motor que vén animando todas as comedias románticas que no mundo foron, e, de seguro, a todos os compañeiros das redaccións polas que pasou Pilar Rubio, durante anos votada como a muller máis sexy de toda a televisión. Máis tensión, non necesariamente sexual, será a que reciban nos experimentos que lles agardan durante o seu paso polo programa de Pablo Motos, que comeza ás nove e media en Cuatro.

Sociedade