“El juego de tu vida” (Telecinco, 00.30 h.)

“El juego de tu vida” (Telecinco, 00.30 h.)

26 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Alguén vai confesar un asasinato esta noite en Telecinco. Ou se cadra revelará que cometeu un adulterio incestuoso. Ou poida que declare que axudou ao Dioni a fuxir coa furgoneta chea de millóns. Tampouco debéramos desbotar que saia á luz o crime de JFK. Nin máis nin menos que iso cabe agardar de quen vai gañar o premio dos 100.000 euros que entrega “El juego de tu vida”, o programa que presenta Emma García e no que, nun alarde de sincerida

“El juego de tu vida” é unha demostración de que nos interesa máis o coñecemento adquirido a través das vivencias que polo estudio. Resulta abraiante que alguén gañe “50x15” grazas a saber que son os hotentotes, ou que resolva todas as preguntas de “Saber y Ganar” coa suficiencia dunha enciclopedia Larousse. Iso é digno de admirar, pero son coñecementos a disposición de todo o mundo nun libro ou en Google, que xa tanto dá. Mais o que cadaquén fixo ou deixou de facer e que, sobre todo, ocultou das miradas alleas, iso non vén nos libros de Historia e por iso devecemos. Velaí unha definición do morbo e tamén a intuición de que “El juego de tu vida” rebentaría os índices de audiencia de programarse no prime time. Afortunadamente, e como as situacións que se dan son tan obscenas, Telecinco con bo criterio decide reservalo para as doce e media da noite, cando xa todos os gatos son pardos.

Sociedade