“Eros Galicia 2010” garante unha fin de semana do máis excitante

“Eros Galicia 2010” garante unha fin de semana do máis excitante

06 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Case 100 artistas, 8 escenarios, 150 espectáculos en directo de diferentes temáticas garante a animación e diversión na II Edición do Salón Erótico “ErosGalicia 2010” que comezou onte e se prolongará ata o  domingo en Expocoruña. Tras o éxito acadado o ano pasado e a boa acollida de público o salón trae novidades: a ampliación das áreas adicadas aos gays e ás mulleres.

ErosGalicia xurde para promover o sector do entretemento para adultos e de artistas, a divulgación da arte erótica, informar e sobre todo divertir, como explicou en Radiofusión un dos voceiros do Salón, David Galant. Ademais constitúe un punto de encontro dos profesionais do sector. Nesta edición o país convidado é Italia, un referente do cine erótico, e Sophie Evans a convidada de honra. Tamén se homenaxea a Galicia Erótica. Ofrecense espectáculos moi quentes e sensuais: pole dance, striptease, a rodaxe dunha película X en directo, diversos shows GLBT, moitos concursos e para descansar e picar un pouco, un restaurante erótico. Un evento para transmitir uns principios que nos unen: expresar a liberdade a través do sexo tendo en conta como único obxectivo o gozo dos asistentes. Por outra banda o Salón preséntase como unha ocasión excepcional para mostrarse a un público que non para de medrar nun mercado cada vez máis competitivo.

Tamén é unha plataforma de negocios para os máis de cen profesionais de España, Portugal e de Europa que acudiron a esta 2ª edición de EROS GALICIA’10. Hai oco para debates, talleres e obradoiros. As charlas xiran sobre as enfermedades de transmisión sexual, a sida e o uso do preservativo entroutras cuestión. A crise azouta tamén ao sector, asegurou Galant quen apostou polo sexo como un bó remedio para esquecer os problemas. “Eros Galicia 2010” continua aberto ata o domingo. Unha fin de semana para mergullarnos no mundo erótico e picante.

Sociedade