“Falámolo: a fin da era Gutenberg?” (TVG, 2:15 h.)

“Falámolo: a fin da era Gutenberg?” (TVG, 2:15 h.)

27 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Ao ver as fotos da inauguración do primeiro terzo da Cidade da Cultura, tiven unha impresión que aínda non se me foi: os Príncipes de Asturias, Felipe e Letizia, semellaban unha parella de mozos visitando un piso para convertelo na súa vivenda e cavilando en se pagaba a pena hipotecarse por el, mentres que diante deles, feito un pincel, ía o comercial contándolles as bondades do inmoble: é moi amplo e luminoso, de deseño moderno, ten espazos di&

“A fin da era Gutenberg?” é a pregunta que se fai o espazo de debate “Falámolo” e que xunta a editores para manifestar as súas inquietudes fronte á reconversión do seu negocio analóxico en dixital, un proceso que rite ti da reconversión naval. O libro electrónico como artefacto de comodidade e biblioteca portátil aporta unha morea de novas posibilidades, pero ningunha delas románticas e, cando se fala da palabra escrita, aínda temos certos reparos idealistas. A transición, contan, está en marcha, pero avanza moito máis devagar que a que converteu os discos de música en obxectos de exposición. Con todo, a cada día que pasa, menos motivos quedan para crear bibliotecas museísticas que amoreen en troques de dixitalizar, se cadra un concepto no que non se pensou ao deseñar a obra do Gaiás. Para non pasar a vergoña de recoñecelo, a televisión pública galega programou “Falámolo” a unha hora prudente na que se asegura que non o vexa ninguén: ás dúas e cuarto da madrugada. 

Cultura