“Galicia Natural” achégase á Mariña

“Galicia Natural” achégase á Mariña

22 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O programa para maiores “Galicia Natural”, organizado pola Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, e a Dirección Xeral de Acción Social, en colaboración coas asociacións de Turismo Rural de Galicia, achégase esta semana á Mariña lucense por segunda vez no que vai de ano. Desde hoxe e ata o vindeiro venres, un grupo de 46 persoas poderán coñecer mellor esta zona costeira de Lugo.

A vila de Ribadeo será a primeira parada, na que visitarán o auditorio e darán un paseo polas súas rúas. A lonxa de Burela, a Fábrica de Cerámica de Sargadelos e San Matiño de Mondoñedo, son os lugares programados para mañá martes.

 

 

O mércores será a quenda da Mariña Oriental, a Praia das Catedrais, e o barrio dos artesáns dos Muíños en Mondoñedo. O xoves acudirán a Viveiro e pola tarde farán unha lixeira ruta de sendeirismo no Souto da Retorta. O último día de viaxe, o venres, os participantes darán pola mañá un paseo en barca pola Ría de Ribadeo. Logo xantarán e terán un tempo para o lecer nun restaurante da zona. Xa pola tarde regresarán aos seus lugares de orixe.

Sociedade