“Gigantes” volve a casa

“Gigantes” volve a casa

31 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A exposición “Magola. 20 anos sen pelos na língua” da caricaturista colombiana, nani Mosquera despídese da casa da Cultura  de Fene. Hoxe día 31 foi o último para vela. No seu sitio aparecerá dende o día 8 de abril “Gigantes” a exposición itinerante que amosa 38 grandes petroleiros construídos en ASTANO. A mostra é a aportación de Exponav á “V edición del Congreso Europeo de Tur

Nela recollese, dunha maneira atractiva, o “boom” que significou a construción dos maiores petroleiros do mundo botados desde bancada. É a época, entre 1964 e 1982, de maior actividade, progreso e empuxe do estaleiro ASTANO, icona da nosa Ría e berce, xunto coa E.N. Bazán, do maior emporio técnico naval do país. Entre os anos 1967 e 1983 rexistrouse un pico de actividade histórico no estaleiro Astano.

Astano construíu 38 buques petroleiros nese intervalo de tempo. Estes buques abarcaron un amplo espectro en canto á súa tipoloxía, desde os pequenos petroleiros de distribución de 500 TPM para Campsa, até o maior buque construído en bancada inclinada para o armador “Gulf Oil Corporation” . A mostra inclúe paneis, maquetas e material audiovisual cedido por Zenit Producións, Televisión de Galicia e o Centro Galego de Artes da Imaxe. A mostra “Gigantes” estará en Fene todo o mes de abril.

Sociedade