“Gran Hermano: el reencuentro” (Telecinco, 21.45 h.)

“Gran Hermano: el reencuentro” (Telecinco, 21.45 h.)

03 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Nos soños máis húmidos da dirección de Telecinco e tamén da súa audiencia máis fiel desaparecerían da grella todos os informativos, prescindiríase das series de ficción e, se algún concurso fica polo medio, para o lixo que vai tamén. Abondaría con dividir cada día en tres faixas horarias: a central sería patrimonio de “Gran Hermano”, na matinal continuaría “El Programa de Ana Ros

Non houbo nestes días a milésima parte de preocupación por saber se Pau Gasol ía ser seleccionado para o partido das estrelas da NBA que para saber quen ía comparecer no All Star de Gran Hermano que, baixo o epígrafe “El reencuentro”, se estrea esta noite. Nada se sabe das plumas desta galiña que Telecinco espreme sen compaixón, agás que unha recua de ex concursantes das 11 edicións do programa volven entrar na clausura vídeovixiada para que a cadea siga gobernando con man de ferro os ránkings de audiencia a semana despois do remate da edición oficial do show.

As regras da mesura aconsellan que para garantir o éxito hai que facerse querer, e ese era un dos puntos fortes de “Gran Hermano”: un acontecemento televisivo anual polo que os seus fans devecían. O produto semella tan forte que Telecinco se arrisca a dárnolo agora en sesión continua. Iso si, polo que poida pasar, e para evitar improbable crítica ou desgusto, nada revela do experimento que conta, por suposto, con Mercedes Milá á fronte. Así, malia que non guste, nesta primeira gala asegúranse que devorarán audiencias como fan os partidos de fútbol. O reality orixinal é xa un universo propio que supera á marca Telecinco e esta noite mide se as súas forzas son deste mundo ou o seu poder é tal que xa supera as profecías de Orwell. “Gran Hermano: el reencuentro”, estréase ás dez menos cuarto da noite.

Sociedade