“Granjero busca esposa” (Cuatro, 21.30 h.)

“Granjero busca esposa” (Cuatro, 21.30 h.)

06 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A un gustaríalle poñerse tenro e recomendar hoxe “Lost in translation”, o filme de Sofia Coppola que pasa ás dez da noite La 2: unha fábula romántica de dúas persoas arrincadas do tempo e tiradas nun lugar estraño que durante uns días se teñen o un ao outro e non precisan das palabras, que de cote o estragan todo. Mais en troques de falármonos de sutilezas, cómpre ser xustos e atender ao regreso do programa revela

A edición orixinal deste reality-show no que dez traballadores do agro deben escoller unha parella sentimental de entre varias urbanitas aspirantes deixou momentos para a historia do bochorno televisivo que non sabería se situar no campo da alta comedia ou do patetismo máis descarnado. As tácticas sedutoras dun dos gandeiros con finca de cabalos estaban directamente herdadas dos sementais da súa corte e, pudor fóra, refregaba todo canto lle deixaran diante da cámara. Noutros casos vimos como as desertoras do arado coa malicia do rato de cidade desprezaban con malos modos a un inexperto granxeiro convertido en inocente rato de campo. O que, en resumidas contas, tivo a primeira edición foi un casting de freaks televisivos de primeira orde que a dirección do programa debera copiar se quere repetir o éxito. E iso é o que se desvelará esta noite no avance especial. Ás nove e media da noite preséntanse os rústicos galáns desta edición para animar ás pretendentes a que procuren o amor no campo. “Granjero busca esposa” recunca ás nove e media a Cuatro.  

Sociedade