“Hai debate” (TVG, 23.15 h.)

“Hai debate” (TVG, 23.15 h.)

02 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

No fondo dalgún armario da casa gardo unha bolsa chea de xornais de información xeral e deportiva e case todos comparten os mesmos titulares: “O Deportivo, campión de Liga” e “Centenariazo no Bernabéu”. Aí levan gardados dende o día das grandes xestas deportivas e as noites de celebración, e poida ser que o día que os volva a abrir as súas páxinas estean tan amarela

Por exemplo, esta noite, o 47 por cento dos galegos e galegas poden recrearse nun exercicio que para o resto do censo que onte acudiu ás urnas resulta un exercicio de masoquismo e no que Ana Rodríguez exercerá de dominatrix co látego convertido en micrófono. A perversa sesión televisiva chámase “Hai debate” e consistirá nun concilio de sabios políticos, eses futurólogos excelsos que levaban meses anunciando a reedición do bipartito, e que se dedicarán a facer a moviola das mellores xogadas da noite electoral. Analizarán se o de Baltar foi penalti ou non, se a zaga de Touriño é feble como a manteiga, se Quintana merece xogar de titular neste equipo e tamén a vitoria por goleada na prórroga lograda polo dianteiro revelación Núñez Feijóo. Cando o Depor perde miserablemente eu nunca vexo o “En Xogo”, porque non me gusta recrearme na dor, pero unha ampla maioría de votantes pode facer como cando eu gardo os xornais dos momentos de gloria, e gozar co triunfo no sisudo foro político da Televisión de Galicia, o “Hai debate”, que principia ás once e cuarto da noite.

Cultura