“La buena noticia del día” (Antena 3, 21.30 h.)

“La buena noticia del día” (Antena 3, 21.30 h.)

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Nalgún momento, o xornalismo decidiu que as noticias sempre son malas. Perante o xornal ou o informativo da radio ou a televisión non existe esa posibilidade de escolla que se conta nos chistes e nas películas: “Teño dúas novas que darche, unha boa e outra mala. Cal queres escoitar primeiro?”. Cando se trata de aprender o que aconteceu na actualidade, xa só cabe agardar desgrazas. Isto, o de que os informativos parecen unha versión moderna d

A min xérame inquedanza que a redacción de informativos teña que facer unha escolma de entre todos os feitos para atopar un que sexa positivo e, máis aínda, que mereza un espazo de seu para distinguilo de entre o relato de morte violenta, accidental, crise económica, úlcera política e disquisicións deportivas que enchen a media hora restante das noticias. “La buena noticia del día” será un microespazo con cabeceira propia que presentará Matías Prats e que din que poderá ser de calquera aspecto da actualidade, xa sexa economía, deporte, sociedade ou, e isto nos fala da gravidade do asunto, a meteoroloxía. Porque se a única historia positiva que poden seleccionar os xornalistas da non pouco sensacionalista redacción de Antena 3 é que mañá vai facer sol, non quero xa pensar que foi o que aconteceu o resto da xornada. Cadaquén que pense o que queira, pero a min non deixa de parecerme unha mala noticia que esta noite ás nove e media se estree “La buena noticia del día”.

Sociedade