“La increíble historia de Macareno y la Puta Milagrosa” buscará oco en Venecia

“La increíble historia de Macareno y la Puta Milagrosa” buscará oco en Venecia

26 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Que pensaría se alguén che pregunta: “Viches algunha vez unha puta voar?” Con esta cuestión a produtora coruñesa La Tuerka Films preséntanos a súa primeira produción, unha curtametraxe que leva por título La increíble historia de Macareno y la Puta Milagorasa e que se presenta aos medios ás oito e media desta tarde na Fundación Novacaixagalicia da Coruña. Iria Are

Segundo os responsables do filme, La increíble historia de Macareno y la Puta Milagrosa pon a proba a nosa capacidade de crer naquilo que non podemos explicar. Nesta cinta nada é o que parece, nin Macareno é un desalmado proxeneta, nin Sarita é unha puta calquera. Ambos vivirán, rodeados dunha rocambolesca fauna de personaxes, unha aventura que rachará os límite entre o real e o imaxinario.

O co-guionista Daniel Currás é o protagonista do filme, interpreta a Macareno; e completan o elenco Camila Bossa (Sarita); Carolina Vázquez (Doña Paca); Amalia Gómez (Doña Isaura); e Milo Taboada como “Pepe, el mudo”.

Unha cinta rodada integramente en castelán, en interiores e en escenarios da Coruña como o Monte San Pedro ou a rúa do Orzán.

 

Cultura